sexta-feira, 6 de junho de 2008

1 comentário:

Aldabra disse...

hoxe é un día moi afortunado porque descubrín o teu blog... gústanme os teus cadros desde que che descubrín na exposición que fixeches na Biblioteca de Narón, non comprei ningúen -xa me gustaría- porque se saen un pouco do meu presuposto pero non importa... os disfruto cando os vexo, casi sempre na tenda da artesanía que hai frente o Colexio "Compañía de María"...

ven, quero felicitarte pola túa obra porque paréceme fermosa, polo colorido e polas historias que contas en cada un dos teus cuadros... é un placer...

por outra parte tamén gústoume moito o contiño que fixeches con Pepablo "O saltón astronauta"... a mín gústame moito escribir, a maior parte das veces escribo en castellano pero as veces tamén escribo en galego... e cando vin o voso conto do saltón, véuseme á testa que algúns dos meus contos quedarían ben bonitiños ilustrados por ti... xa sei que foi unha tolería pero xa sabes como é a testa que as veces vai por libre.

un saúdo e bicos,
Aldabra

24 de Maio de 2008